Atropelado un neno na avenida Fisterra, en Cee

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
O atropelo produciuse na Avenida de Fisterra, en Cee

Un neno resultou ferido esta tarde de diversa consideración ao ser atropelado por un coche en Cee, concretamente á altura do número 39 da Avenida Fisterra, onde se ubica o concesionario Seat.

Ata o lugar desprazáronse os equipos sanitarios do 061 e tamén os bombeiros do parque comarcal, que colaboraron na estabilización e posterior traslado ao hospital Virxe da Xunqueira, onde foi atendido das feridas sufridas. Segundo informaron, o neno mantívose consciente en todo momento.

Os bombeiros encargáronse tamén de comprobar que non houbese derrames na vía e colaboraron na regulación da circulación rodada.