Caamaño & Ameixeiras presentan o vídeo en directo ‘Alegría Dio’la dea!’

Música
Manuel Lavandeira
Sabela Caamaño, á esquerda, e Antía Ameixeiras. Foto: www.caamanoameixeiras.com

Zas. O dúo Caamaño & Ameixeiras presentou un novo vídeo en directo titulado Alegría Dio’la dea!, no que contaron coa colaboración do afamado grupo castelán Fetén Fetén. Xuntos interpretan este fandango tradicional.

Virtuosismo e emoción conxúganse neste novo traballo musical cos timbres do violín de Antía Ameixeiras, dos acordeóns de Sabela Caamaño e Jorge Arribas, e da mandolina, serrucho e culleres de Diego Galaz para fabricar unha pílula de alegría e enerxía positiva feita música e imaxe.

O vídeo xa está dipoñible en Youtube (https://youtu.be/ZwDWyEm_T6w), cuxa producción de audio e vídeo correu a cargo de Diego Bea Besa, co apoio de Anibal Comesaña, como asistente de gravación.

Caamaño & Ameixeiras actuarán o sábado, día 23, na Casa das Crechas, en Santiago, e despois ofrecerán concertos en Llodio (País Vasco), Carballo, Madrid, Pontevedra e Pau (Francia). M. LAVANDEIRA