Caballero trouxo a Costa da Morte o seu proxecto

Política
Manuel Lavandeira
Gonzalo Caballero no encontro mantido coa militancia en Camariñas. Foto: PSOE

Camariñas. Gonzalo Caballero desprazouse ata a Costa da Morte para manter encontros coa militancia socialista de Cee, Vimianzo e Camariñas. Reivindicou “a forza da militancia para seguir fortalecendo o proxecto socialista de Galicia” e dar así “unha alternativa de progreso para os galegos e as galegas”. De feito, sinalou que “retirar a referencia política do PSdeG cada catro anos é o mellor regalo que se lle pode facer ao PP e ao BNG” en termos electorais.

Fronte a iso, agradeceu o “apoio crecente” que está recibindo da militancia a “un proxecto que ten como único obxectivo que o PSdeG siga avanzando”.

“A militancia sabe que non hai merlos brancos e que a única fórmula para gañar as eleccións é traballo, lealdade e esquerda”, engadiu. Ao fío diso, avanzou que incorporará á nova directiva referentes do eido municipal e mesturará persoas con experiencia e aires novos, así como perfís con conexión coa sociedade civil”. M. L.