Camariñas colaborará cos afectados polo volcán de La Palma

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Volcán de La Palma

O Concello de Camariñas contactará co goberno canario para coordinar unha liña de axuda tras a catástrofe de La Palma. A alcaldesa, Sandra Insua, valora a posibilidade de “abrir unha conta para que cadaquén realice as súas doazóns”, ou, no caso de xa existir, “poder sumarnos e difundila para toda a nosa veciñanza”.

Con esta proposta, a idea do goberno local é a de total colaboración coas persoas afectadas por esta catástrofe natural e poder así “contribuír a paliar, na medida do posible, os efectos do volcán nesta illa do arquipélago canario” manifestaron desde o executivo.