‘Canyissos’ recala na vila vimiancesa

Exposición
Manuel Lavandeira
Unha das obras da exposición ‘Canyissos’. Foto: C. C.

O Concello vimiancés e a Fundació́ Balearia Art amb B presentarán este venres a exposición colectiva de pintura Canyissos, comisariada por Antoni Torres Martorell. Unha mostra que reúne a 54 artistas de Baleares, Valencia e Galicia, a través do cañizo (canyisso en catalán), que é o lenzo das súas obras de arte.

Esta táboa de madeira, tí́pica da zona de Porreres (Mallorca), servía para secar os albaricoques (de 1940 ata finais do século XX). Agora o cañizo é o elemento unificador desta exposición, que reivindica os valores tradicionais e rende homenaxe ás persoas que adicaron a súa vida a estes traballos artesanais. Na exposición participan o vimiancés Xurxo Martinho e a camariñana Purificación Lema del Río.

A inauguración será o venres 7 de outubro ás 20.00 horas na Sala de Exposición Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo.