Cáritas de Cee forma a 15 xoves camareiros

Formación
Manuel Lavandeira
Curso de camareiro para mozos desempregados en Corcubión. Foto: Cáritas de Cee

CORCUBIÓN. Quince mozos e mozas comezaron onte no restaurante Praia de Quenxe, de Corcubión, un curso de operacións básicas de camareiro, que terá unha duración de 200 horas. Está organizado por Cáritas da Unidade Pastoral de Cee co apoio da Xunta de Galicia. As clases, que inclúen teoría e práctica, complementaranse con cen horas de prácticas profesionais non laborais. A parte teórica impartirase de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. No curso participan mozos de entre dezaoito e trinta anos que se atopan en situación de desemprego. O obxectivo é que poidan formarse para facilitar a súa inserción no mercado laboral nun sector que demanda profesionais na Costa da Morte. M. LAVANDEIRA