Cata de viños, música e presentación literaria no Bela Fisterra

Cultura
Manuel Lavandeira
Leticia Rey presentará no Bela Fisterra a súa canción ‘Baleiro’

O hotel Bela Fisterra prepara unha fin de semana cargada de actividades e propostas lúdicas e culturais. O sábado, día 5, a partir das 21.00 horas, terá lugar unha cata de viños e a presentación exclusiva do viño do Ribeiro Marqués de SanFiz, de Méndez-Rojo. Un acto que se complementará cun concerto acústico online de Leticia Rey. E o domingo, día 6, o protagonismo será para a literatura coa presentación do libro Misarela de Rodrigo Costoya, quen contará tamén co acompañamento musical de Leticia Rey.