CGT, USO e UGT desmárcanse da denuncia do comité de empresa de Xeal

Din que non teñen coñecemento da mesma e que non se tratou no órgano que representa aos traballadores // Os demandantes queren que se esclareza a venda das fábric
Industria
Manuel Lavandeira
Factoría de Xeal en Brens, Cee

As seccions sindicais CGT, USO e UGT desmárcanse da denuncia, pola vía penal, anunciada polo comité de empresa de Xeal para esclarecer a venda das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría.

Os referidos sindicatos aseguran que non teñen “coñecemento ningún da mesma e non se tratou no seo do comité”. Entenden, por tanto que “debido á importancia desta demanda, no podemos apoiala sen coñecer o contido da mesma”.

Ademais, os representantes dos referidos sindicatos denuncian “unha vez máis, o uso ilícito da identidade do comité de empresa de Xeal sen contar coa aprobación de todos os seus integrantes”.