Comezan as visitas guiadas e teatralizadas ao castelo de Vimianzo

Historia
Manuel Lavandeira

O Concello de Vimianzo preparase para a gran festa do Asalto ao Castelo. Dentro da programación do evento regresan as visitas guiadas e teatralizadas na fortaleza. O vindeiro sábado 25 de xuño ás 11.00 horas e ás 17.00 horas terá lugar a primeira. O domingo haberá outra oportunidade ás 17.00 horas e o 3 de xullo rematarán cunha sesión ás 11.00 horas.

En canto ás visitas teatralizadas terán lugar o 3 de xullo ás 12.30 e ás 17.00 horas, con dúas representacións protagonizadas polos Quinquilláns coas que pretenden rememorar a historia do castelo.

As persoas interesadas en gozar destas visitas deberán apuntarse a través do enlace https://forms.gle/q6LzBa4XZtocgt619.