Concentración en Cee para solicitar pediatras na zona

Saúde
José M. Ramos
A concentración celebrarase diante do centro de saúde de Cee. Foto: Concello de Cee

Cee. O colectivo Pediatras e Matronas Xa convocou para o domingo 13 de marzo ás 12.00 horas unha concentración diante do centro de saúde de Cee. Os convocantes aseguran que a Costa da Morte “é un dos territorios con maior déficit de persoal de pediatría e matronería na atención primaria”. Denuncian que, sen servizo en moitos centros de saúde, os pais e nais teñen que peregrinar a outros consultorios ou ao hospital na procura de atención médica. Sinalan ademais que non se cubren baixas e vacacións, “senón que se pechan algúns servizos para atender outros, e así exténdese o problema”. Por iso consideran que a situación “é insostible”. M. L.