Convocados os certames literarios da Biblioteca Francisco Mayán de Cee

Concursos
José M. Ramos
José Ramón Rey Senra, técnico da Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee. Foto: ECG

Cee. A Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee, convocou a trinta e unha edición do Concurso de Achegamento ao Libro e o dezaoito certame Na procura do noso marcapáxinas, dirixidos a escolares de Primaria da comarca. O obxectivo, segundo José Ramón Rey, técnico da biblioteca, é “animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito de lectura”. Os traballos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee ata o sete de abril. Haberá catro premios consistentes en vales para trocar por material didáctico e libros.

Rey Senra agradece aos rapaces e rapazas que participan ano tras ano “xa que eles son os verdadeiros artífices e protagonistas destes concursos e a razón de ser dos mesmos”. A día de hoxe son xa 7.649 os traballos presentados aos diferentes certames. J. M. R.