Cortes de subministro eléctrico en Cee na madrugada do vindeiro venres

Servizos
Manuel Lavandeira
Casa consistorial de Cee

O Grupo Naturgy comunicou ao concello de Cee que o próximo venres 15 de outubro entre as 00.00 h. e as 05.00 h. producirase un corte de subministro eléctrico que afectará total ou parcialmente ao centro da capital ceense. Os cortes están programados para poder realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica nesas zonas.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan, total ou parcialmente, ás seguintes rúas: Alvarellos Berrocal, Rúa de Arriba, Avenida Fernando Blanco, Rúa Concordia, Rúa Domingo Antonio de Andrade, Rúa da Estrela, Rúa da Flor, Praza da Constitución, Praza dos Xuncos e Rúa Xunqueira.