Críticas do PSOE a Medio Rural polo nomeamento do exalcalde de Fisterra

Política
Manuel Lavandeira
José Marcote, alcalde de Fisterra, á esquerda, Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, no centro, e deputado socialista Martín Seco, na vila fisterrana. Foto: PSOE

COSTA DA MORTE. O grupo socialista levará ao Parlamento o que considera un “novo caso de neopotismo da Consellería de Medio Rural a través de Agader” ao incorporar como asesor ao exalcalde de Fisterra, José Manuel Traba.Un nomeamento que tamén foi denunciado polo sindicato CSIF. Dende o PSOE acusan ao conselleiro de converter a Agader nun “chiringuito para colocar aos seus compañeiros”. Apuntan que “ademais dunha práctica deleznable, resulta que legalmente non está permitida, por canto as entidades públicas instrumentais non poden dispor de persoal eventual, segundo a Lei de Emprego Público”. O portavoz socialista de Medio Rural, Martín Seco, acusa ao goberno galego de “tomar á lixeira” os requisitos legais e éticos á hora de “colocar aos amigos por segunda vez en apenas dúas semanas”. M. LAVANDEIRA