Danza rosa en Camariñas

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Momento dunha edición anterior da Danza Rosa en Camariñas. Foto: Concello de Camariñas

Costa da Morte. O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á Danza Rosa, que terá lugar o sábado 22 de outubro, en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro, para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

A actividade consiste nunha andaina e danza de arcos, con punto de saída na praza do Concello ás 16.00 horas, en apoio a todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Á volta haberá unha charla na Casa de Pedra a cargo do doutor Francisco J. Blanco, catedrático de Reumatoloxía da UDC e xefe de Reumatoloxía do CHUAC. M. Lavandeira