Darío Xohán Cabana foi nomeado Fillo Adoptivo de Corcubión

Distinción
Manuel Lavandeira
Darío Xohán Cabana nunha imaxe de arquivo. Foto: EP

A Corporación de Corcubión acordou nomear Fillo Adoptivo de Corcubión a Darío Xohán Cabana, a raíz dunha moción presentada polo grupo municipal Sempre Corcubión.

Con este acordo, a institución plenaria aprobou ademáis do nomeamento do escritor, tradutor e membro da Real Academia Galega, que foi veciño da vila onde exerceu labores de garda municipal, a colocación dunha placa conmemorativa no xardín da Casa do Concello; reeditar, en convenio coas editoriais e a súa familia, as dúas obras que máis relación teñen con Corcubión (o libro de poemas Patria do mar e o volume de relatos Libro dos moradores).

Ademais faranlle chegar á súa familia e á Real Academia Galega o contido do acordo municipal co afán de incorporar un tributo máis á súa memoria “co recoñecemento máis grande que lle pode facer o noso concello a este gran defensor da lingua galega, que é nomealo Fillo Adoptivo”, afirmou Alfredo González, portavoz de Sempre Corcubión.

“Corcubión demostra, unha vez máis, que ten en conta e aprecia á xente que, desde este concello, realizou un traballo destacable na súa vida para beneficio colectivo. Neste caso, Darío Xohán Cabana, servíu a Corcubión mentras seguía facendo camiño a través das súas novelas e poemas para que poidamos seguir bebendo da fonte da lingua galega a través das súas obras e das súas traducións”, engadiu.