Declarada como festa de interese turístico de Galicia o Asalto ao Castelo de Vimianzo

Cultura
Manuel Lavandeira
Espectáculo conmemorativo do Asalto ao Castelo celebrado o pasado ano en Vimianzo. Foto: Concello de Vimianzo

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se declara festa de interese turístico de Galicia o Asalto ao Castelo de Vimianzo, unha celebración que ten lugar o primeiro sábado de xullo desde o ano 1996.

Impulsada por colectivos sen ánimo de lucro, “a celebración inclúe un alto valor cultural e multitude de actividades vencelladas coa arqueoloxía, a gastronomía ou a cultura do municipio, sobre todo no que atinxe á pegada rupestre e medieval”, afirman dende a Xunta.

Unha distinción que tamén lle foi concedida este xoves á Festa do Percebe (Aguiño, Ribeira), á Festa das Sopas de Burro Canso (Muíños) e á Festa da Bica (Pobra de Trives).