Desfile do liño no castelo vimiancés

Artesanía
Manuel Lavandeira
Desfile de moda en liño no castelo de Vimianzo. Foto: J. M. R.

VIMIANZO. O castelo será testemuña do Desfile do liño o vindeiro día 10 de setembro ás 18.00 horas, nun acto que clausurará as actividades de artesanía en vivo que se desenvolveron no patio da fortaleza. O acto será conducido pola xornalista vimiancesa Alba Mancebo, e as inscricións xa están dispoñibles no enderezo web do Concello. A entrada será de balde ata completar o aforo, e completarase por rigorosa orde de inscrición. A cita está organizada pola Asociación de Amigos do Liño de Galicia, que preside a artesá Carmen Riveiro, e na mesma participarán modelos vimianceses e de toda a Costa da Morte, que se vestirán coas pezas elaboradas polas artesás no castelo.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, quixo resaltar “o traballo de todas as artesás que os 365 días do ano manteñen viva a esencia de Galicia, sin as que se entendería a nosa cultura e a nosa tradición”, subliñou, á vez que destacou “que todos os obradoiros que se celebraron no patio de armas do castelo de Vimianzo estiveron cubertos, o que amosa o interese da nosa xente pola cultura e a tradición de Galicia”.