Equipamentos para a aula de informática, a biblioteca e a sala de exposicións de Cee

Servizos municipais
Manuel Lavandeira
Nova aula de informática na Casa da Cultura de Cee. Foto: Concello de Cee

O concello de Cee dota de material informático a aula de informática sita na Casa de Cultura por importe de 17.667,58 €, que foron cofinanciados ao 75% por axudas Leader a través do GDR Costa da Morte.

Concretamente dotouse a aula de informática de 16 ordenadores completos e un proxector, a biblioteca pública municipal con 5 ordenadores (1 para labores de xestión e control e 4 para os usuarios da biblioteca.) e a sala de exposicións cun proxector.