Evacuado en helicóptero un ferido nun accidente de tráfico en Camariñas

Os bombeiros de Cee tiveron que excarcerar á vítima
Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Bombeiros traballando nas labores de auxilio á persoa ferida. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

Unha persoa resultou ferida de gravidade como consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado en Xaviña, na estrada que comunica Camariñas e Vimianzo. Os bombeiros do parque comarcal de Cee tiveron que excarcerar ao ocupante dun turismo e colaboraron cos equipos sanitrios que se encargaron de trasladalo a un centro hospitalario nun helicóptero medicalizado desprazado á zona.

Asemade, colaboraron cos operarios de conservación de estradas nas labores de limpeza da vía. Ata o lugar tamén se desprazaron membros de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.