Excarcerado o condutor dunha furgoneta que bateu contra un camión en Vimianzo

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Ata o lugar acudiron os bombeiros de Cee para excarcerar ao condutor ferido. Foto: ADC Bombeiros da Costa da Morte

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión na rúa da Torre, en Vimianzo, saldouse cun ferido, que tivo que ser excarcerado do vehículo polos bombeiros de Cee.

O accidente tivo lugar pouco antes das 8.00 horas, e o 112 Galicia, tras recibir a alerta, solicitou a intervención dos bombeiros de Cee para liberar ao ferido e facilitar a atención do equipo sanitario.

Unha persoa que foi testemuña do choque foi quen chamou ao número de emerxencias. Segundo explicou, o impacto deixou ao condutor da furgoneta atrapado polos ferros. Unha vez liberado recibiu a asistencia do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e posteriormente foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Neste operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Vimianzo