Exposición fotográfica no faro do cabo Vilán

Fotografía
M.B.
A mostra pode verse ata o día 30. Foto: Asoc. Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas

camariñas. Ata o 30 de xuño a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán (foto), acolle a exposición de fotografía Trece luces na nosa costa, de Antonio Fernández. Para este mestre xubilado, a fotografía foi unha afección tardía que empezou a practicar para complementar o final da súa vida laboral. Esta é a terceira exposición no seu haber e conta tamén con seis premios. Nesta mostra trata de contar a historia dos faros da nosa costa, a súa función durante o tempo, e que hoxe coas tecnoloxías avanzadas instaladas nos barcos deixan de sere, ao mellor, tan necesarios pero acadar outra dimensión non menos importante como é un legado patrimonial para todos nós. O fío condutor dos mesmos, ademais do enclave no que están situados, é que as fotografías están feitas cunha técnica especial que aporta ás imaxes outra dimensión creativa e asombrosa. m.b.