Falece un veciño de Camariñas tras caerlle unha árbore enriba

Sucesos
Manuel Lavandeira
O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas ás doce do mediodía por parte dos sanitarios. Foto: 112 Galicia

Un veciño de Xaviña (Camariñas), de 82 anos, faleceu este mediodía ao ser golpeado por unha árbore que estaban cortando nunha finca da súa propiedade. O 112 Galicia recibía ás 12.20 horas o aviso por parte do persoal sanitario, que solicitaba axuda para liberar a unha persoa. A pesar dos seus esforzos, tan só puideron confirmar o pasamento do home.

O 112 pasou aviso aos Bombeiros de Cee, que finalmente non chegaron a intervir posto que a persoa estaba liberada. Así o indicaron os servizos sanitarios cando novamente contactaron co 112 para confirmar o falecemento do home. Ademais dos bombeiros tamén foron informados polo 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.