Feirauto mantén abertas as portas este domingo en Baio

Automóbiles
Manuel Lavandeira
Cada comprador levará como agasallo un cheque de 200 € para combustible. Foto: J. M.

Zas. Baio afiánzase como capital do automóbil e este domingo manterán abertas as súas portas os talleres promotores de Feirauto (Grupo Talleres J. Lema, Automóviles Celmar e Talleres Manuel Montes). A mencionada feira está a celebrar estes días a súa 49 edición cunha oferta ampla, variada e adaptada á demanda actual.

Agardan seguir sumando vendas nesta xornada dominical e que a afluencia de público sexa aínda maior que nos dous días anteriores, nos que as visitas ás exposicións foron numerosas, especialmente polas tardes, segundo confirmaron os organizadores. Hai que lembrar que quenes merquen un vehículo en Feirauto, ademais de descontos especiais e unha financiación a medida, recibirán como agasallo un cheque por valor de 200 euros para combustible.

A oferta abarca maioritariamente coches seminovos e con poucos quilómetros, e entre eles varios modelos eléctricos, ademais de vehículos industriais. M. L.