Ferida a condutora dun coche que caeu por un desnivel na vía de Fisterra a Lires

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Lugar do accidente, na estrada que une Fisterra e Lires. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

Unha condutora sufriu feridas de diversa consideración a raíz dun accidente na estrada que une Fisterra e Lires (Cee). O coche que conducía saíuse da vía e caeu por un desnivel duns tres metros de altura, segundo informaron os Bombeiros de Cee, que participaron nas labores de auxilio.

A muller puido saír do turismo polos seus propios medios pero presentaba diversas feridas, polo que foi inmobilizada e trasladada nunha padiola de rescate ata a estrada, onde unha ambulancia do 061 a esperaba para trasladala ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. Ata o lugar tamén se desprazaron membros da Policía Local e Protección Civil de Fisterra.