Ferida a condutora dun turismo nunha colisión por alcance en Cee

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Parque comarcal de bombeiros da Costa da Morte, ubicado en Cee. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

Cee. Unha colisión por alcance á altura do cruce de Toba, en Cee, saldouse cunha muller ferida, que tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira, segundo informan os bombeiros da Costa da Morte.

O accidente tivo lugar pouco antes das dúas da tarde na Avenida Fisterra, e a condutora do outro vehículo implicado non sufriu feridas. Os bombeiros do parque comarcal encargáronse da limpeza da estrada, afectada polos derrames de líquidos, aceites e gasóleo, botando man de 250 litros de auga e 10 de dispersantes. Ata o lugar do sinistro tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil de Corcubión. M. LAVANDEIRA