Ferida unha condutora tras un choque frontolateral en Vimianzo

O accidente rexistrouse nunha estrada local, en Xora, na parroquia de Treos
Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Estado no que quedou un dos vehículos accidentados en Treos. Foto: ADC Bombeiros Costa da Morte

A condutora dun turismo resultou ferida na noite do xoves nunha colisión frontolateral contra outro vehículo cando circulaba pola estrada local de Xora, na parroquia de Treos (Vimianzo). A muller foi trasladada en ambulancia ao hospital de Cee.

Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros do parque comarcal de Cee, a Garda Civil de Tráfico e sanitarios do 061.