Ferido de gravidade o condutor dun tractor que bateu contra un coche en Vimianzo

Sucedeu na AC-552, á altura de Vilaseco // O ocupante do turismo tamén foi trasladado en ambulancia
Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Á esquerda, o tractor e no centro da vía o turismo. Foto: Bombeiros de Cee

O condutor dun tractor resultou ferido de gravidade e tivo que ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, tras colisionar contra un turismo na AC-552, á altura de Vilaseco (Vimianzo), pasadas as 14.00 horas. O ocupante do coche tamén tivo que ser evacuado en ambulancia.

Ata o lugar desprazáronse persoal sanitario do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Vimianzo, membros de Protección Civil e os bombeiros do parque comarcal de Cee, que colaboraron co persoal de mantemento de estrada na limpeza e retirada de restos da vía.