Ferido o condutor dunha furgoneta que volcou na saída da autovía en Baio

Accidente de tráfico
Manuel Lavandeira
Helicóptero medicalizado no que foi evacuado o accidentado en Baio. Foto: Helico Santiago

O condutor dunha furgoneta resultou ferido de gravidade logo de volcar a furgoneta que conducía cando circulaba por unha das saídas da autovía AG-55, á altura de Baio (Zas). Tras recibir os primeiros auxilios no propio lugar do accidente por parte dos equipos sanitarios do 061, o home foi evacuado por un helicóptero medicalizado a un centro hospitalario.

A furgoneta volcou e quedou encaixada entre os quitamedos da autovía. Ata o lugar desprazáronse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Santa Comba e membros de Protección Civil de Zas.