Folga dos traballadores de Xeal o 17 de novembro e novas mobilizacións

Conflito laboral
Manuel Lavandeira
Concentración de traballadores de Xeal diante da fábrica de Brens, en Cee. Foto: CIG

Cee. O comité de Xeal acordou continuar coas mobilizacións para exixir da empresa un plan industrial e de viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría, a recuperación do emprego e retomar as negociacións do convenio colectivo propio.

Os días 6 e 20 de outubro haberá concentracións diante da fábrica de Brens (Cee) ás 17.15 horas; e o 13 e 27 manifestaranse en Santiago ás 10.30 h. dende San Caetano até Aguas de Galiza.

Ademais, o comité acordo convocar unha xornada de folga de 24 horas para o 17 de novembro, que afectará ás tres quendas de traballo e ao persoal das fábricas de Cee e Dumbría e das Centrais Hidroeléctricas. Este calendario foi ratificado polas asembleas de traballadores e traballadores.