Humor e poemas para animar a fin de semana das Letras Galegas en Corcubión

Cultura
Manuel Lavandeira
Cándido Pazó presenta este venres ‘Botando a lingua a pastar’, en Corcubión. Foto MGV

A Casa da Cultura de Corcubión acolle este venres, día 20, o espectáculo Botando a lingua a pastar, de Cándido Pazó. A cita é ás 20.00 horas. E o sábado, día 21, á mesma hora na Capela do Pilar presentaranse os poemarios Sinais, Coa luz negada e Na república da intimidade, de Ricardo Seixo Fernández. Ambas actividades están enmarcadas na programación cultural das Letras Galegas promovida polo Concello corcubionés.