Impulso ao comercio en Vimianzo e Camariñas

COVID-19
Jose Manuel Ramos
A alcaldesa de Vimianzo, terceira pola esquerda, dúas concelleiras, á esquerda, e a ADL durante a xuntanza telemática mantida con representantes do comercio. Foto: C. Vimianzo

Terra de soneira. Os concellos de Vimianzo e Camariñas poñen en marcha axudas e campañas para reactivar o comercio e a hostalaría. Na capital de Soneira adicarán 178.000 euros para apoiar os referidos sectores segundo confirman dende o goberno local, que onte mativo unha xuntanza cos representantes dos mesmos. Como primeira medida crearán os Vimi-bonos, que poderán solicitar todas as persoas maiores de 18 anos empadroadas no municipio e que serán de 25 euros. Podrán empregarse desde o 16 de decembro e solicitarse ata o 23 do mesmos mes. Tamén habilitarán un directorio web e impulsarán unha campaña co lema Vimianzo medra contigo!.

O concello veciño tamén lanzará a campaña Merca en Camariñas co fin de animar á veciñanza a consumir no municipio. Cada día subirán ás redes sociais as creatividades da iniciativa, que serán difundidas tamén por todos os negocios e espazos municiais. M. RAMOS