Lucía Baña, protagonista de ‘Eu son Camariñas’

Persoeiros recoñecidos
Manuel Lavandeira
Un momento da entrevista de Víctor Fernández a Lucía Baña en Camelle. Foto: C. Camariñas

Costa da Morte. O Concello de Camariñas publicou a sétima entrega do programa Eu son Camariñas que lle dá voz a Lucía Baña Ponte, unha avogada de Camelle que está a traballar actualmente na Coruña, no bufete Abrente Abogados. Este proxecto municipal foi creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo e unha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Nesta ocasión a protagonista e Lucía Baña Ponte, unha avogada que estudou na UDC. Na entrevista fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorre Camelle, onde conta as implicacións de saltar ao traballo por conta propia e as dificultades da xente nova para crear o seu propio camiño. M. Lavandeira