Manolo Martín exalta a maxia e o mito de Muxía noutra obra adicada á vila da Barca

Presentación
José M. Ramos
PRESENTACIÓN. Manolo Martín, á esquerda, durante a presentación do seu libro. Foto: CG

Costa da Morte. O avogado muxián afincado en Compostela Manolo Martín segue a loar á súa terra natal. Baixo o título Muxía, maxia e mito, vén de xuntar nun libro a un destacado grupo de personalidades e, ante todo, “amigos e xente que quere a Muxía”. Unha obra que veu a luz na tarde deste martes na sala S. Felipe Neri, de San Martiño Pinario, e que o mencionado autor define como “un cántico a Muxía”.

O historiador muxián e crítico de arte Xosé Antón Castro (quen o acompañou no acto de presentación), Luis Celeiro, o deán José Fernández Lago, Daniel García Blanco, Raúl García de Loza, Francisco Sinjul, Antón Sobral, Manuel Vilar, Julio Castro Marcote, Eduardo Toba Blanco, Pepe Formoso e Viki Rivadulla son algúns dos nomes que se brindaron a colaborar e facer aportacións ao novo libro de Manolo Martín.

A obra será presentada tamén proximamente no Parador de Turismo Costa da Morte. J. M. R.