Marcha reivindicativa polo Monte Pindo para denunciar “o expolio éolico”

Foi convocada pola Asociación en Defensa da Costa da Morte
Reivindicación
Manuel Lavandeira
A comitiva partiu do lugar do Fieiro, pertencente a Mazaricos. Foto: Manuel Sambade

Con motivo do Día mundial das Montañas, e no marco da mobilización convocada pola Coordinadora Eólica, Así Non, un grupo de persoas participaron nunha marcha reivindicativa que partiu do lugar do Fieiro (Mazaricos) e rematou no cumio da Moa, no Monte Pindo.

seguraron que o seu obxectivo é denunciar "o expolio eólico".

A mobilización foi convocada por Adecom - Asociación en Defensa da Costa da Morte, e exerceu de anfitriona a Asociación Monte Pindo Parque Natural, cuxo presidente Xilberto Caamaño guiou ós participantes. A iniciativa contou tamén co apoio de Adega, a Plataforma en Defensa do Monte das Salgueiras e Ecoloxistas en Acción Galiza.