Mediación do PP muxián para buscar solucións aos secadoiros de congro

Mar
Manuel Lavandeira
Secadoiro de congro na costa de Muxía. Foto: Efe/Cabalar

MUXÍA. A portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela, asegura que mantén contacto directo coa Xunta para tratar de buscar a mellor solución aos problemas dos secadoiros de congro, despois de que Sanidade suspendese a actividade do único que aínda segue activo.

Vilela asegura que está en permanente conversas co delegado territorial, Gonzalo Trenor, e que a súa formación é consciente da “importancia” de buscar unha saída satisfactoria para todas as partes. “Coñecemos o fundamental que resulta que a familia afectada poida seguir adiante cunha actividade que vai máis aló do económico e que ten que ver tamén coa cultura e co aspecto identitario da comarca”.

Neste sentido, apuntou que o PP “estivo preto da familia afectada”, e afirma que a delegación territorial da Xunta, e tamén as consellerías do Mar e de Sanidade, trasladáronlle “o compromiso de poñer todos os medios necesarios para solucionar este problema”. M. LAVANDEIRA