Melloras nos camiños e estradas de Muxía

Infraestruturas viarias
Manuel Lavandeira
Os concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch supervisando unha das obras. Foto: C. Muxía

costa da morte. O Concello de Muxía segue adiante co seu plan de obras do rural para mellorar as infraestruturas de diferentes núcleos. Así, nas últimas datas levaronse a cabo os traballos de acondicionamento nos camiños e estradas de San Martiño de Ozón, Morpeguite e Pasantes, así como a mellora do drenaxe e a repavimentación en Vilastose.

En Vilela de Morquintián tamén están en marcha as obras de mellora e acondicionamento dos camiños interiores onde, tras as actuacións, pasarán a ter un pavimento de formigón.

O grupo de goberno que preside Iago Toba tamén anunciou o remate dunha pista de acceso ás fincas agrícolas en Trasufre. Neste caso os traballos foron subvencionados cos fondos do plan de Agader 2022.

Por outra banda, o Concello muxián dará continuidade este sábado ás actividades de Nadal cun concerto da Coral Virxe da Barca. A cita é na Sala do Voluntariado ás 19.00 horas. M. L.