Mil metros de encaixe de Camariñas para a moda dos noveis deseñadores

Moda
Manuel Lavandeira
Encaixes para os noveis deseñadores. Foto: C. de Camariñas

Camariñas. O Concello, a través da Mostra do Encaixe, fixo o envío de 1.000 metros de puntillas de Camariñas para que os 25 participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores poidan preparar as súas pezas para o evento, que se celebrará do 13 ao 17 de abril.

Os concursantes serán José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas de moda a nivel estatal. Desde a Mostra do Encaixe animan aos noveis creadores “a xogar coa versatilidade do encaixe, feito polas expertas mans das palilleiras”, e amosan as súas gañas por “ver o que nos teñen preparado para esta ocasión”. M. Lavandeira