Moda de festa e noiva de Amaya Fernández na feira do encaixe

Moda
Manuel Lavandeira
Deseños de Amaya Fernández na pasarela de moda da Mostra do Encaixe. Foto: Concello de Camariñas

Camariñas. A deseñadora viguesa Amaya Fernández traerá unha colección de festa e noiva á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas sumando así a súa cuarta participación sobre a pasarela do desfile de Grandes Deseñadores.

“Para mí, poder acudir a la Mostra cada año es un orgullo; poder poner en valor nuestros materiales e incorporar algo tan característico a nuestras prendas es algo maravilloso”, explica a deseñadora. As súas coleccións amosan que é unha apaixoada do encaixe. Considera que “al trabajar con piezas especiales para ceremonias, la aportación del encaje siempre las enriquece”.

Complementará, como é habitual, os seus deseños de festa e para vestir á noiva cos tocados de Charo López. M. L.