Música, contos e visita dos Reis Magos á Praza Jorge Mira da vila de Baio

Nadal 2022
Manuel Lavandeira
As actividades terán lugar na Praza Jorge Mira, de Baio. Foto: Concello de Zas

Zas. O Concello de Zas e a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira deseñaron un amplo programa de actividades de Nadal que se desenvolverá na Praza Jorge Mira, de Baio. Comezarán este venres, día 23, cun monólogo de Adrián do Regenco, a partir das 22.30 horas, e un concerto musical protagonizado polo grupo Os Revenidos.

O último venres do mes, o día 30 á mesma hora, subirán ao escenario o monologuista Pablo Alvite e o grupo musical Licor Café. E xa no novo ano, o día 5 de xaneiro, haberá cabalgata dos Reis Magos polas rúas de Baio a partir das 18.00 horas. Ao remate da recepción real terá lugar unha festa que será amenizada pola formación Trasnos de Nadal.

Para que veciños e visitantes poidan desfrutar das actuacións con independencia do tempo, a organización instalará unha carpa na praza baiesa. Ademais, haberá servizo de cantina para os asistentes. M. L.