Muxía convidou a percebes en Xantar

Gastronomía
Manuel Lavandeira
Santiago Haz, directivo da Asociación do Percebe da Barca, no salón Xantar. Foto: C. de Muxía

O Concello de Muxía estivo representado pola Asociación do Percebe da Barca no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, celebrado en Ourense.

Membros do referido colectivo ofreceron aos asistentes ao encontro gastronómico unha degustación no stand da Deputación da Coruña. Os comensais puideron gozar do sabor dos percebes e doutros produtos do mar de Muxía.

Así, membros da Asociación da vila de Barca realizaron unha degustación hoxe, 12 de novembro, no stand da Deputación da Coruña no que as persoas asistentes puideron gozar de percebes e de produtos do mar de Muxía.