Muxía pon a punto o medio rural

Mantemento
Manuel Lavandeira
Acondicionamento dunha zona verde do rural muxián. Foto: Concello de Muxía

O Concello de Muxía continúa coas tarefas de acondicionamento e adecuación do rural, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza. Durante os últimos días, operarios municipais levaron a cabo unha limpeza exhaustiva nas rúas e beirarrúas de Suxo, de igual maneira que realizarán de xeito progresivo noutros puntos do municipio. A partir deste vindeiro luns, 13 de xuño, o Concello reforzará esta acción co aumento de persoal para a realización deste tipo de traballos.