Novas cámaras de videovixilancia no polígono de Vimianzo

Seguridad
Manuel Lavandeira
Á esquerda unha das cinco novas cámaras instaladas no polígono. Foto: Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo vén de instalar no polígono industrial cinco cámaras de videovixilancia con fibra óptica e de alta definición, conectadas a un receptor grabador e monitorizadas pola Policía Local. Este equipos substitúen ás antigas cinco unidades e servirán para velar pola seguridade da veciñanza e optimizar o control do cumprimento das normas de tráfico.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinala que “con esta infraestrutura acadaremos un maior control nas posibles incidencias que poidan ocorrer no polígono industrial e tamén incrementamos a seguridade tanto de peóns como de conductores”.