O GDR Costa da Morte solicitará participar dos fondos Leader 2023-27

Desenvolvemento territorial
Manuel Lavandeira
O GDR Costa da Morte aspira a seguir apoiando proxectos de desenvolvemento territorial. Foto: GDR

VIMIANZO. A xunta directiva da Asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, acordou concorrer no procedemento de selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, así como para accións preparatorias en apoio do deseño de futuras estratexias de desenvolvemento local.

En breve comezarán a traballar na planificación da estratexia da Costa da Morte, “ca intención de que siga habendo fondos para poder axudar ás empresas, ás asociacións, ós concellos... a sacar adiante novos proxectos para o territorio”, afirman.

Tal e como se reflexa na filosofía Leader e na forma de traballar dos GDR’s, o de Costa da Morte está aberto a novos socios que queiran adherirse e traballar en conxunto polo desenvolvemento do territorio. M. L.