O PP de Muxía plantexa unha proposta de obras para o POS 2023 da Deputación

Política municipal
Manuel Lavandeira
Momento dunha sesión plenaria de Muxía. Foto: C. M.

O PP de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, rexistrou un listado de propostas de obras de cara ao POS do 2023 e solicitan no mesmo escrito que o alcalde convoque unha comisión informativa para comezar coas negociacións do mesmo.

As obras propostas polos populares incluén propostas que xa fixeron ó longo destes anos, así como, outras que lles trasladaron os propios veciños. “Todas as obras que propoñemos son necesarias e seguro que haberá moitas máis xa que o estado xenérico do noso concello é o do abandono máis absoluto. Esperamos que as nosas propostas sexan tidas en conta para que o POS deste ano poida ser aprobado sen incidencias” comenta a portavoz popular.

As obras que propoñen dende o grupo popular son a segunda fase de agua de Morpeguite e Pasantes; a rehabilitación do polideportivo municipal; os camiños interiores de Figueiras; o saneamento de Añobres; o acceso e camiños interiores de Xurarantes; camiños interiores de Vilarmide; viais en Caberta e Merexo e Leis; o vial Moraime a Oruxo; a agua en Lourido; os accesos a Cibrán e O Castro; o vial de Agreiras a Viseo e o saneamento de Leis.