Ofrecen dúas vivendas e o albergue de Corcubión para os refuxiados ucraínos

Solidariedade
Manuel Lavandeira
Casa consistorial de Corcubión. Foto: Concello de Corcubión

Corcubión. O Concello corcubionés ofrece dúas vivendas públicas e o albergue municipal para acoller familias de refuxiados ucraínos mentres dure o conflito.

Un ofrecemento que, segundo sinala o tenente de alcalde, José Antonio Louro, canalízase a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) “para que se coordine coas autoridades competentes da Xunta e do Goberno do Estado”.

Pola súa banda, a Asociación de Veciños A Pergoliña, de Camelle (Camariñas), en colaboración coa asociación Aga-Ucraína, traballan tamén para ofrecer aloxamento ás familias. Con tal fin solicitan á veciñanza que teña unha casa ou un piso para alugar, e que esté preparado para vivir, que llo comuniquen.

Os interesados en colaborar poden contactar coa asociación chamando aos números de teléfono 606 759940 ou 687 531238, ou tamén dirixirse a calquera dos membros do colectivo veciñal.

Informan ademais que actualmente xa está en marcha tamén unha campaña de recollida de alimentos de produtos de primeira necesidade, coa que están a colaborar diferentes establecementos de Camelle, ao igual que noutras vilas da contorna. J. M.