Operativo de búsqueda tras unha misteriosa ‘despedida’ con cartas e flores na praia de Nemiña

Participaron Protección Civil de Muxía, Salvamento Marítimo e a Garda Civil e rematou sen que se localizase a ninguén // Non constan denuncias de desaparición
Sucesos
Manuel Lavandeira
Helicóptero de Salvamento Martímo. Foto: Protección Civil de Muxía

Na tarde do venres o 112 Galicia e Salvamento Marítimo organizaron un dispositivo de búsqueda na praia de Nemiña (Muxía), no que participaron tamén voluntarios de Protección Civil, despois de que unhas persoas que paseaban pola praia atoparan un estrano altar, no que había flores e unhas cartas que, nunha primeira interpretación, farían alusión a unha despedida. O 112 Galicia, mobilizou efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Salvamento Marítimo. Segundo as primeiras declaracións duns surfistas que se atopaban na zona, declararon ter visto a dúas mulleres na zona do areal. O operativo de busca prolongouse ata a noite, sen éxito. Fontes de Protección Civil de Muxía sinalaron que non se atopou ningún outro obxecto, nin ningún coche aparcado na zona. Tampouco constan denuncias de ningún tipo.