Os Magos de Oriente repartiron agasallos e ilusión na Costa da Morte

Nadal
Manuel Lavandeira
Un pequeno de Mazaricos co seu pai falando cos tres Reis Magos. Foto: Concello de Mazaricos

Pequenos e maiores viviron este mércores unha xornada cargada de maxia e ilusión e desafiaron á chuvia para poder saír ao encontro da comitiva de Súas Maxestades de Oriente, que percorreron a maioría das parroquias de todos os concellos da Costa da Morte.

Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron por mar a Camariñas, e no resto dos municipios realizaron o seu percorrido en luxosas carrozas, acompañados dos seus paxes. En Carballo, quenes non puideron baixar ás rúas seguiron aos Magos a través das redes sociais, xa que o desfile dos reis foi retransmitido en streaming.