Piden o arranxo dunha beirarrúa en Cee

Infraestruturas
Manuel Lavandeira
Poza de auga na beirarrúa da rúa Estatuto de Autonomía, de Cee. Foto: BNG

CEE. O BNG presentou un escrito dirixido á alcaldesa solicitando a renovación dunha beirarrúa da rúa Estatuto de Autonomía. Segundo o portavoz nacionalista, Serxio Domínguez, “no tramo comprendido entre a porta da cafetería Ceefis e a entrada do hiper chino, o terreo foi cedendo e fórmase unha poza de auga considerable”. Di que esta situación supón un “impedimento importante para os viandantes e os clientes da cafetería, xa que é o lugar de colocación das mesas das terrazas”. Ademais, engade, a auga almacenada fíltrase polas paredes do soto do edficio, “o que resulta un problema para a comunidade de veciños”. Piden que se arranxe antes de que cheguen as choivas fortes. M. LAVANDEIRA