Presentación de ‘Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza’ en Cee

Acto literario
Manuel Lavandeira
Imaxe de portada da publicación que se presenta en Cee este venres

A Cervexería Foxas acolle este venres, ás 20.00 horas, a presentación do primeiro tomo da obra Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). A relevancia do reino galego medieval, de Francisco Rodríguez. No acto participarán, ademais do autor, Nerea Cortes e Xaime Trillo.