Presentado en Muxía o ‘Catálogo de pombais na Costa da Morte’

Patrimonio
Jose Manuel Ramos
Arxires Mouzo, autor do catálogo, terceiro pola dereita, no acto de presentación en Muxía. Foto: Concello de Muxía

O Salón do Voluntariado de Muxía acolleu este martes a presentación do Catálogo de pombais na Costa da Morte elaborado polo muxián e alumno-traballor do obradoiro dual Camiño ao Emprego, Arxires Mouzo. No acto, o autor ofreceu unha detallada explicación sobre este tipo de construccións tradicionais, que espertaron un gran interese entre os asistentes.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, transmitiu ao alumno e aos presentes a posibilidade de editar dito traballo e facer unha labor didáctica no municipio muxián.